Día
Domingo 29 de outubro 2023

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
15 €

Duración
100 minutos

Idade
A partir de 16 anos

Sobre o espectáculo

Nevenka, bosnia de orixe croata, comeza a contar a súa historia. E ao seu relato incorpóranse Milica, bosnia musulmana, e Meliha, bosnia de orixe serbio. As tres, supervivintes e as tres violadas. Alen, Ajna e Lejla, son mozos nacidos desa violencia sexual. Dusko Tadic é un acusado de crímes contra a humanidade.

Pasou hai máis de 25 anos no corazón de Europa, a dúas horas en avión de Barcelona. Aquí desfrutabamos da euforia olímpica e, de súpeto, a televisión comeza a emitir imaxes dos campos de concentración de Bosnia e Herzegovina. Entre 25.000 e 50.000 mulleres e nenas foron violadas como estratexia de limpeza étnica.

Cultura i Conflicte nace como compañía con este proxecto. A partir do libro da escritora croata S. Drakulic, realiza un minuciosos traballo de investigación en Bosnia e Herzegovina e posteriormente esta impactante e brillante creación escénica de teatro documental, cámaras en directo e fermoso universo sonoro, para visibilizar a traxedia e recuperar a memoria daquelas nenas e mulleres que foron violadas como un arma de guerra.

Sete intérpretes en escena, encabezadas pola popular actriz Ariadna Gil, desde unha perspectiva actual, póñenlle voz aos testemuños das mulleres e fillos entrevistados, á súa memoria. A dor que senten é aínda tan grande que, para elas, aínda hai alguén no bosque.

Me lo mataron todo menos el alma.

Ficha

Intérpretes: Ariadna Gil, Montse Esteve, Oscar Muñoz, Magda Puig, Judit Farrés, Pep Pascual e Erol Lleri
Vestiario: Rosa Lugo
Vídeo: Erol Lleri e Tyler Franta
Escenografía: Xesca Salvá
Iluminación: Sylvia Kuchinow
Música: Pep Pascual e Judit Farrés
Movemento e axudante de dirección: Carla Tovías
Dramaturxia: Anna Maria Ricart Codina
Dirección: Joan Arqué Solà
Coprodución: Temporada Alta