Día
Martes 31 de outubro 2023
Hora
20.30 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
18 €
Duración
100 minutos
Idade
A partir de 12 anos
Sobre o espectáculo
Amo e criado chegan a Éfeso buscando aos seus respectivos irmáns xemelgos, separados ao nacer e que viven na cidade. O pai de ambas parellas, estranxeiro sen papeis, é condenado a morte e só atopando aos seus fillos poderá salvarse.
Seis excepcionais actores e 24 personaxes, enredos e equívocos, encontros e desencontros, débedas, xoias, cruce de parellas,… erro sobre erro ata que o desastre se converte nunha festa que celebra a diversidade.
O laureado director Andrés Lima presenta esta divertida versión libre da comedia de Shakespeare, á súa vez baseada nunha de Plauto, construíndo un vertixinoso xogo teatral na que, entre risa e risa, convidará ao público a poñerse no lugar do outro e cuestionar os límites difusos entre verdadeiro e falso, demostrando que os erros son parte da verdade, xa que a verdade e o correcto débenlle a súa existencia aos seus contrarios, o falso e o erro.
”Que sería da verdade e do correcto, se non fose polo erro?
Ficha
Intérpretes: Pepón Nieto, Antonio Pagudo, Fernando Soto, Rulo Pardo, Avelino Piedad e Esteban Garrido
Vestiario: Paola Torres
Escenografía: Beatriz San Juan
Iluminación: Pedro Yagüe
Espazo sonoro: Sergio Sánchez Bou
Dirección: Andrés Lima