Día
Xoves 12 de outubro 2023

Hora
18.00 e 20.30 h

Espazo
Salón de Actos do Pazo da Cultura

Entrada
5 €

Duración
25 minutos

Idade
A partir de 8 anos

Sobre o espectáculo

Mans que crearon a maioría das cousas que utilizamos. Mans que contan as historias que hai tanto tempo que nos unen. Reivindicalas para que as mans non queden solas e esquecidas entre tanta pantalla e sobreinformación

Este espectáculo artesanal e íntimo, de humor, poética e emoción, devólvenos ao tanxible e cotián e reconéctanos coa comunidade.

Considerado un dos mellores clown da súa xeración, Guillem Albá creou a súa compañía no 2006 e desenvolveu unha linguaxe propia de teatro visual, clown e monicreques, xirando por moitos países de varios continentes. Con esta multipremiada obra, regresa a un característico universo, creando unha experiencia para recordar a importancia do humano, do sinxelo e do compartido.

Mans que desataron a beleza máis sublime e as máis terribles atrocidades.

Ficha

Dirección e interpretación: Guillem Albà
Vestiario: Nídia Tusal
Música: Pep Pascual
Creación e dramaturxia: Joan Arqué, Sergio Martínez e Guillem Albà