Día
Xoves 1 de outubro 2026

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Duración
55 minutos

Público
Adulto (+12 anos)

Entrada
5 €

Un feito sorprendente, unha voda e un enterro celebrados o mesmo día, é o punto de partida dunha historia sobre a morte desde a mirada da infancia. Esta autoficción vai recreando as fotografías que unha nena de 11 anos tirou ese propio día.

Con tenrura, humor, técnicas de fotografía ao vivo e efectos analóxicos, a obra crea un universo do que todos os espectadores formarán parte e que transita entre a memoria da infancia, a perda, a despedida e a necesidade de conservar aquilo que o tempo ameaza con borrar.

Hai lembranzas que permanecen para sempre, mesmo cando non quedaron retratadas.

O FIOT está feliz de ofrecer a versión en gran formato desta obra que tivemos ocasión de ver nacer en 2023 no ciclo M2, e que os espectadores premiaron coa mellor interpretación. É o debut da compañía de recente creación encabezada por Carlota Mosquera.

Pódoche facer unha pregunta? Ti que idade tiñas cando soubeches que a xente podía morrer?

Interpretación: Carlota Mosquera e Sol Álvarez

Vestiario: Neme Vázquez

Iluminación: Neicherman

Escenografía: Juan Ares

Rexistro visual: Sabela Eiriz

Fotografía en vivo e deseño: Sol Álvarez

Dirección de movemento: Marta Alonso Tejada e Onda Reboleiro

Dramaturxia e dirección: Carlota Mosquera

Premio á mellor interpretación no Certame M2 FIOT 2023