Día
Sábado 12 de outubro 2024

Hora
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 h

Espazo
Orixe Centro de Psicoloxía (R/ Gran Vía, 52)

Capacidade
12 persoas

Duración
15 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

O público asistente participará nunha sesión holística onde favorecer o encontro cun mesmo, re-conectar coa propia paz interior, recuperar o equilibrio, aliñar as chakras, curar as túas feridas da infancia, pechar patróns familiares, re-conectar co teu nen@ interior, vivenciar vidas pasadas, constelar aos teus antepasados, ser a túa propia guía e a túa propia luz, alcanzar a túa versión máis elevada, abrir a conexión ao micro/macro cosmos, e se queda tempo, saborear un yogui tea.

Desde o clown e o humor preséntase esta proposta cómica. Unha pequena parodia ás dificultades de baixar o noso ritmo de vida actual da man desta compañía galega de clown e circo.

Só senta...reláxate... E respira.

Ficha

Creación e interpretación: Inda Pereda e Marta Iglesias