Día
Sábado 14 de outubro 2023

Hora
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 h

Espazo
Crúa María Barca. Taller de olería (Rúa Sol, 36 baixo)

Capacidade
12 persoas

Duración
15 minutos

Idade
A partir de 15 anos

Sobre o espectáculo

Tiresias, o profeta que lle confirmou a Edipo a súa maldición, aparécese ante tres intérpretes profetizando que o destino non lles deixará rematar a función que queren representar no FIOT. Os actores intentarán contar o mito de Edipo nunha contra reloxo de quince minutos, procurando escapar do seu fatal destino.

A través do metateatro e o humor Contradictoria Compañía cuestionará a liberdade do ser humano e o seu destino, confrontando o pasado co presente da era dixital.

Ficha

Interpretación: Irene Lorenzo, Jimmy Núñez e Pedro Placer
Dramaturxia, creación e dirección: Contradictoria Compañía