Día
Sábado 14 de outubro 2023

Hora
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 h

Espazo
Pista Skate (Rego da Balsa)

Capacidade
20 persoas

Duración
20 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Non é un conto cunha lección, pero é algo parecido. Non é xente ríndose do que facemos, pero é algo parecido.
Dúas persoas vestidas para ir de vacacións. Están collidas da man, pero non sabemos se son parella, irmáns ou amigas. Tampouco queda claro se se queren ou odian. Este é o punto de partida para unha viaxe extravagante cara ningures, onde a lóxica das accións e da palabra marcharon de vacacións. A metateatralidade, a imaxinación e as dinámicas estrañas que ás veces establecemos coas persoas que nos rodean, son os temas principais desta peza.

Espectáculo que xoga coas expectativas do público nunha viaxe surrealista e irónica que pon en escena a compañía galega Souvenir, na que se mesturan artes do movemento, performance e textos propios.

O que se ve no campo e os arredores, o que permanece oculto fóra da nosa visión, nos vestiarios, nos palcos e nas cabezas dos seus protagonistas.

Ficha

Creación, dramaturxia e interpretación: David Alonso e María de las Llanderas
Imaxe: Estudio Prolight