Skip to main content
Novas

Procuramos ousad@s!

By 21/09/2022No Comments

O FIOT celebrará este xoves 22, no Salón de Actos do Pazo da Cultura (contra ás 20.00 horas), a primeira xuntanza do grupo de voluntariado do festival, unha iniciativa aberta a todas aquelas persoas interesadas na escena.

Se queres coñecer o teatro por dentro e colaborar nun dos principais eventos culturais de Carballo, non o dubides! Confirma a túa asistencia a través do teléfono 981704300 ou no correo fiot@fiot.gal. Vémonos no #FIOT31!