Skip to main content

Xa coñecemos os seis grupos finalistas do XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O xurado, tras escoitar as gravacións realizadas en Radio Nordés Cadena Ser polos 12 grupos participantes seleccionados para a segunda fase e logo das oportunas deliberacións, acordan seleccionar para a súa lectura na gala final os seguintes grupos:

Na 1ª categoría:

  • TEATRADAS DO CRA, do CRA Nosa Señora do Faro, coa obra A abelliña que perdeu as ás.
  • OS CRISTINATREIROS, do CEIP A Cristina, coa obra A mentireira historia da Carapucha Vermella.
  • FIRUCOS, do CEIP Alfredo Brañas, coa obra Ai, mamasiña que medo!

Na 2ª categoría:

Este domingo 10 de novembro, ás 18:00h no Pazo da Cultura de Carballo, terá lugar a gala final onde os grupos finalistas volverán interpretar as súas pezas teatrais e na que se realizará a entrega de premios, valorados en 850 euros.

O acto estará presentado por Bea Campos que, ademais de ser a mestra de cerimonias, amenizará o evento cun espectáculo destinado a público familiar. A continuación terá lugar unha chocolatada para todas os escolares participantes. A entrada é libre ata completar aforo.

 

Emisión das pezas en Radio Nordés

Un total de 26 grupos de 10 centros educativos de Carballo, Coristanco, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Malpica participaron no XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O xurado preseleccionou 12 grupos para gozar da experiencia radiofónica nos estudios profesionais de Radio Nordés Cadena Ser e, desta gravación, saíron os seis finalistas nas dúas categorías.

As pezas emitiranse ao longo deste mes de novembro no programa Vivindo a Costa da Morte de Radio Nordés entre as 13.00 e as 14.00 h dos seguintes días:
– Luns 4 : TEATRADAS DO CRA, do CRA NOSA SEÑORA DO FARO coa obra A abelliña que perdeu as ás.
– Mércores 6: A PARELLA DE NON NAMORADOS, do IES MONTE NEME coa obra Taxi – Finlandia.
– Venres 8: OS CRISTINATREIROS, do CEIP A CRISTINA coa obra A mentireira historia da Carapucha Vermella.
– Luns 11: OS VIQUINGOS E AS VIQUINGAS DO PENDÓN, do CEIP AS REVOLTAS coa obra Don Quixote da Mata.
– Mércores 13: FIRUCOS, do CEIP ALFREDO BRAÑAS coa obra Ai, mamasiña que medo!.
– Venres 15: RADIOFÓNICAS, do IES ISIDRO PARGA PONDAL coa obra Memorias dun neno labrego.
– Luns 18: AS SEIS RAPACIÑAS, do CEIP A CANOSA-RUS coa obra As velliñas de Seavia.
– Mércores 21: CAMBIO BLANCO, do IES MONTE NEME coa obra Presos – Finlandia.
– Venres 22: ARCA TEATRO, do CEIP AS REVOLTAS coa obra Os grandes.
– Luns 25: XENTIÑA DE CUARTO, do CEIP A CANOSA-RUS coa obra Non teñas medo.
– Mércores 27: INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS, do CEIP AS REVOLTAS coa obra Última hora.
– Venres 27: FAMILIA CARBALLEIRA, do IES EDUARDO PONDAL coa obra Nadal en galego.

Recorda que podes ver todos os vídeos na nosa canle de Youtube.