Día
Venres 18 de outubro 2024

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura (Salón de actos)

Entrada
5 €

Duración
50 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Improvisación teatral, circo, danza, tecnoloxía e performance son os compoñentes desta proposta orixinal e nova que parte da nosa perspectiva como espectadores, deixando espazo para a interacción. O público gozará somerxéndose nunha instalación circense compartida a tempo real na que vivirá unha experiencia a curta distancia da acción, da que forman parte humor, risco, beleza e sorpresa.

Esta “cápsula #3” é a culminación dunha investigación na que a creadora, bailarina, coreógrafa e artista circense Paula Quintas experimenta cos límites das artes escénicas para enfrontarse coa realidade do espazo que nos rodea: os límites entre o privado e o público, e o vivencial na arte.

Paula Quintas creou a súa compañía no 2017, aínda que segue a formar parte doutras compañías de danza e artes do movemento. Os seus traballo destacan pola hibridación entre danza e circo e a estética do corpo en diálogo co movemento, xerando un compoñente visual e circunstancialmente audiovisual.

Perspectivas multidisciplinares e transversais.

Ficha

Intérpretes: Paula Quintas, Arturo Cobas e Antón Coucheiro
Intervención sonora: Arturo Cobas
Técnica de arame: Stephanie Bouchard
Vídeo: Margherita Morello-16thunders
Iluminación: Laura Iturralde e Xacobo Torres
Co-creación: Rut Balbís, Arturo Cobas, Antón Coucheiro, Ana Gesto e Paula Quintas
Dirección e coreografía: Rut Balbís e Paula Quintas