Día
Venres 25 de outubro 2024

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura (Salón de actos)

Entrada
5 €

Duración
45 minutos

Idade
Adulto e a partir de 9 anos

Sobre o espectáculo

Cando tiña catro anos a miña familia restaurou un muíño de auga en ruínas. Trinta anos despois entrevistei á muller que moía naquel muíño cando era nena.” Comezou así un proceso de entrevistas a muiñeiras, pastoras e gandeiros de Ávila.

Esta historia, que se centra nun lugar, fala de moitos lugares máis. Unha roda que dá voltas é unha homenaxe a unhas vidas e a uns lugares. Un regalo de volta para non esquecelos. Feito con auga, terra, palla, gran e fariña. Un círculo.

Unha roda… mezcla teatro documental co teatro de obxectos e materiais e narración oral, nun proxecto que busca propiciar a participación e a transformación social mediante procesos artísticos con e desde as comunidades.

A palabra cultura ven de cultivar. A palabra compañeiro, compañeira significa “aquel que comparte o pan”.

Ficha

Interpretación, autoría e creación escénica: Laura Santos
Vestiario: Laura Santos
Diorama e ilustración: Miriam Montilla
Vídeo: Nacho Goytre
Escenografía: El Patio Teatro, Marina Santos e Laura Santos
Iluminación: El Patio Teatro y Pilar Valdelvira
Dirección: Laura Santos e El Patio Teatro