Día
Xoves 17 de outubro 2024

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura (Salón de actos)

Entrada
Gratuita

Duración
45 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

O artista e investigador cubano afincado en Madrid José Ramón Hernández, director artístico de Osikán – vivero de creación, preséntanos o proceso de creación da súa obra Eyilá ashé ebbora – archivo vivo de resistencia, froito dunha residencia artística realizada en compañía doutros artistas no mes de xullo no Pazo da Cultura de Carballo.

Neste proxecto de creación escénica explora a espiritualidade como potencia política para a transformación social. Inspírase nos saberes subalternos das persoas afro, trans, racializadas e migrantes do sur global e os feminismos negros que se están producindo en España.

José Ramón Hernández é un artista interdisciplinar afrocubano que pon o foco nas ritualidades afrodescendentes, a performatividade das corporalidades periféricas, as espiritualidades ou as migracións, ensaiando os límites entre a ficción e a realidade. A súa práctica desprázase entre a dirección, a dramaturxia, a coreografía, o comisariado de artes en vivo, a instalación, a performance e a mediación cultural.

O OTNI compleméntase así coa participación no proxecto pertencente ao Programa de Residencia Paraíso 2024 promovido polo Colectivo RPM co que colabora a Concellaría de Cultura e o FIOT.