Día
Domingo 13 de outubro 2024
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Salón de Actos)
Entrada
5 €
Duración
45 minutos
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Unha pausa, un erro nun sistema acelerado. Unha festa sen celebración, unha persoa na súa soidade, un monodiálogo onde a imaxinación axuda co peso da soidade para dar paso a un mundo poético e onírico.
Teatro de Papel é un espectáculo de circo contemporáneo que, a través dunha bagaxe de monicreques extraordinarios, o clown e o teatro físico, reivindica o poder da imaxinación.
A compañía Rauxa, creada por dous artistas circenses especializados en manipulación de obxectos, acrobacia e danza, apostan por novos horizontes onde o circo contemporáneo se atopa con novas temáticas e realidades, buscando o que aínda non foi creado. Xeran un universo propio, onde plasman a súa visión traxicómica e poética da vida.
”Un momento suspendido no tempo onde o mundo se detén e a poesía danza.
Ficha
Interpretación: Xavi Sánchez
Música: Jesús Acebedo
Idea orixinal e escenografía: Rauxa Cía
Autoría e dirección: Xavi Sánchez e Analia Serenelli