Día
Domingo 6 de outubro 2024
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Salón de actos)
Entrada
5 €
Duración
25 minutos + 30 minutos encontro
Idade
A partir de 8 anos
Sobre o espectáculo
En xullo de 1936 o Circo Anastasini chega a Lodosa, en Navarra, e os seus membros desaparecen sen deixar rastro. Din que algúns foron fusilados e que o resto se viron obrigados a entreter á tropa.
Olvido Flores conta unha historia de amarga beleza, poesía, circo e guerra; unha homenaxe á memoria e ao recordo.
Estefanía de Paz rescata relatos que cobran vida a través de obxectos convertidos en personaxes que contan o que pasou naquela escura noite, iluminando a súa historia, a nosa historia.
A intérprete e creadora é unha artista multidisciplinar que combina o seu traballo con outras compañías coas súas creacións propias.
Este espectáculo chega ao FIOT da man de Camiño Escena Norte, un proxecto liderado por Escena Galega xunto con outras asociacións de artes escénicas da ruta histórica dos Camiños de Santiago.
”Dar voz a esas persoas sen nome, ás esquecidas, ás que ninguén levou flores.
Ficha
Interpretación, escenografía, idea orixinal, creación e dirección: Estefanía de Paz Asín
Mirada externa: El Patio Teatro
Vestiario: Edurne Ibáñez
Música e espazo sonoro: Gorka Pastor
Vídeo: Jesús Iriarte
Iluminación: Mikel Navascués e Livory Barbez