Skip to main content
Xa coñecemos os grupos finalistas do XXII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Nesta edición presentáronse un total de 25 grupos: 13 grupos na categoría 1ª (Primaria) e 12 grupos na categoría 2ª (institutos). Os vídeos pódense ver na nosa canle de Youtube.
O xurado, tras escoitar as gravacións realizadas en Radio Nordés Cadena Ser polos 12 grupos participantes seleccionados para a 2ª fase e logo das oportunas deliberacións, acordan seleccionar para a súa lectura na gala final do XXII Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” aos seguintes grupos:
Na 1ª categoría:
Os Cristinatreiros, do CEIP A Cristina de Carballo coa obra ‘Cataventos e Cía’
Bastidores, do CPR Artai de Carballo coa obra ‘Nunca é a gusto de todos’
Na 2ª categoría:
Instalacións Eléctricas, do CPI As Revoltas de Cabana, coa obra ‘Na oficina de obxectos perdidos’
Contadores de Contos, do IES Alfredo Brañas de Carballo, coa obra ‘Contos para ser escoitados’
 
Este domingo, 12 de novembro, ás 18h no Pazo da Cultura de Carballo, terá lugar a gala final presentada pola clown Pajarito, que tamén ofrecerá un espectáculo destinado a público familiar. Os grupos finalistas volverán intepretar as súas pezas teatrais e realizarase a entrega de premios nas dúas categorías. Tamén haberá unha chocolatada para as persoas asistentes.