O Outono en Marcha, da asociación Senda Nova, presenta na súa 12ª edición sete propostas para o coñecemento da contorna de Bergantiños.
A primeira cita será este domingo, 8 de outubro, coa Ruta do Xestal. Froito da colaboración do FIOT e grazas o traballo da Aula Municipal de Teatro, este roteiro terá un tramo teatralizado para somerxernos na figura de Carlos Díaz ‘O Xestal’ neste ano declarado polo Concello de Carballo como Ano do Xestal, co obxectivo de poñer en valor este artista e carballés de adopción.
Información práctica
Data: 8 de outubro
Distancia: 4,3 km
Saídas:
Concello da Laracha 9:30 h
Concello de Coristanco 9:30 h
Carballo (Rúa Venezuela) 9:45 h
Inscricións
Esta ruta será de balde previa inscrición ata dous días antes (venres) ou ata esgotar o límite de prazas.
Lugares de apuntamento:
- Base de Protección Civil de Carballo. Edificio Ambulatorio Vello. De luns a venres de 9:30 a 13:30h.
- Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha. Praza do Concello s/n. De luns a venres de 9:30 a 13:30h.
- Departamento de cultura do Concello de Coristanco. Edificio de usos Múltiples. De luns a venres de 9:30 a 13:30h.
- Espazo da Natureza de Oza. Mércores, xoves e venres de 17 a 20h.