Skip to main content

O auditorio do Pazo da Cultura acollerá este domingo a final do XIX Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”, no que este ano superamos os 360 participantes. O acto, organizado polo Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte dentro da programación do FIOT, comezará ás 18.00 horas.

Unha vez realizadas todas as gravacións, e previa convocatoria da A.C .Telón e Aparte a efectos de de seleccionar os finalistas do XIX Concurso Escolar Teatro Lido reuníronse o luns 4 de novembro no Pazo da Cultura de Carballo o xurado deste concurso, formado por:

  • ALBA BERMÚDEZ IGLESIAS, actriz profesional, co-fundadora de Galeatro e colaboradora doFIOT.
  • SANTIAGO PAZOS IGLESIAS, gran afeccionado ao teatro, articulista teatral e colaborador con medios de comunicación.
  • MANUEL SÁNCHEZ GARCÍA, profesor, gran afeccionado ao teatro e actor amador da Aula de Teatro Municipal de Carballo.
  • MELINA REGUEIRA VARELA, xestora cultural e voluntaria do FIOT.
  • FRANCISCO J. RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, locutor en representación de Radio Voz, entidade colaboradora con este concurso.
  • XIANA MÁRQUEZ ANTELO, membro da organización do FIOT e traballadora do Servizo de Cultura do Concello de Carballo, en calidade de secretaria do xurado sen voto.

Tras escoitar os 54 grupos participantes e logo das oportunas deliberacións acordan seleccionar para a súa lectura na final do XIX Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” aos seguintes grupos:

1ª CATEGORÍA

  • CPI CABO DA AREA, DANIELA SÉNTESE DANIEL, DO GRUPO REVERSIBLES
  • CEIP BERGANTIÑOS,TREMOIA MANÍA, DO GRUPO AS TREMOIAS
  • CEIP CANOSA RUS,O PEIXE DE OURO, DO GRUPO OS GOLFIÑOS
  • CPR ARTAI, AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA, DO GRUPO AS TELONEIRAS

2ª CATEGORÍA

  • IES ALFREDO BRAÑAS, BULLING,DO GRUPO ORA -TORIA
  • IES MONTE NEME, CRISPÍN, DO GRUPO OS TEATREIROS DO MONTE NEME
  • CPI CABO DA AREA, SEICA CHOVEN CARTOS! DO GRUPO TODO AO REVÉS

Na final, os grupos seleccionados volverán a interpretar os seus fragmentos teatrais e tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega de premios aos gañadores. O acto estará presentado pola compañía Caxoto Contacontos, que ademais de ser o mestres de cerimonias amenizarán a final cunha sesión de contos destinada a público familiar.

A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os participantes, que, ademais, recibirán un diploma que poderá ser recollido polos representantes de cada grupo ao finalizar o acto. A entrada é libre ata completar aforo.