A Asociación Telón e Aparte e o Concello de Carballo, organizadores do FIOT, coa colaboración de Radio Voz, convoca o XIX Concurso Escolar Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” dirixido a rapaces e rapazas dos colexios, institutos e asociacións de Bergantiños.
O obxectivo é promocionar as artes escénicas entre a mocidade. Poderán participar en grupos de entre 2 e 8 persoas, dirixidos por un profesor.
A organización, por necesidades técnicas de gravación, só pode garantir a participación dos 30 primeiros grupos en inscribirse.
Premios
Un xurado, tras escoitar as gravacións, seleccionará os grupos finalistas. A final está prevista para o 10 de novembro no Pazo da Cultura.
Haberá dúas categorías. Por unha banda, de infantil e primaria, por outra, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Por cada categoría haberá dous premios que consistirán en libros e material didáctico valorados en 200 euros e 100 euros.
Inscricións
O prazo de inscrición remata o 3 de outubro. A inscrición deberá realizarse no enderezo electrónico fiot.teatro.lido@gmail.com, confirmando o envío no teléfono 981 704 300.
Podes descargar nesta ligazón as bases e a ficha de inscrición.