Datas
Proximamente
Lugar
Pazo da Cultura
Organiza
AC Telón e Aparte
Sobre a actividade
Un agradable espazo de comunicación entre os equipos artísticos das compañías e os espectadores para coñecerse arredor dun café.
Este encontro pretende aproximarnos ao proceso creativo, á linguaxe e aos códigos de interpretación dun espectáculo, amosando de primeira man o proxecto artístico da compañía e da obra, resolvendo dúbidas e curiosidades ou intercambiando opinións. Celebrarase os días de función do Programa de Sala, se as circunstancias das compañías e da montaxe dos espectáculos así o permiten.
Aberto a todos os espectadores, sen necesidade de inscrición previa (ata completar a capacidade dispoñible).