Día
Xoves 2 de outubro 2025

Hora
19.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Inscrición
Gratuíta, en info@fiot.gal

O Consello da Cultura Galega colabora co festival organizando en Carballo unha mesa redonda que pon o foco na regueifa, un rico elemento do noso patrimonio cultural inmaterial que protagoniza a ambiciosa e inédita proposta escénica Territorio Regueifa, de Ainé Producións e coproducida polo FIOT.

Regueifeiros e especialistas neste xénero artístico participarán nesta sesión de análise e divulgación desta expresión cultural que consiste nunha disputa dialéctica a través do canto oral improvisado en verso, e que se caracteriza polo uso creativo do humor, da música e da crítica social. Bergantiños é rico nestas manifestacións, que en Carballo aínda se manteñen vivas a través de diversos proxectos que a poñen en valor.

Organiza: Consello da Cultura Galega

Colaboran: FIOT e Concello de Carballo