Día
Sábado 11 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Ao inicio da función de ‘Matres’ celebrarase o acto de entrega.
Día
Sábado 11 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Ao inicio da función de ‘Matres’ celebrarase o acto de entrega.
Sobre a actividade
O Xograr de Outono é un nomeamento honorífico co que o Festival Internacional Outono de Teatro recoñece a unha persoa ou entidade que destaca pola súa traxectoria na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia. A elección da galardoada correspóndelle aos anteriores Xograres de Outono e á Asociación Cultural Telón e Aparte.
Xograresa de Outono 2025: Areta Bolado
A nova xograresa que ingresa na comunidade de xograres do FIOT é unha das representantes da dinámica nova xeración das artes escénicas galegas que están abrindo renovados camiños que os xograres e xograresas queren recoñecer, Areta Bolado.
Areta Bolado é unha creadora moi versátil; actriz, dramaturga e directora cunha linguaxe contemporánea, irreverente e estimulante e cun pulso creativo que ten como valores fundamentais o feminismo e a inclusión, e, en especial, os dereitos do colectivo LGBTIQ+.
Cunha bagaxe recoñecida dentro e fora de Galicia, Areta é unha das fundadoras da compañía A Panadaría, coa que artellou un teatro hilarante, transgresor e profundamente político. O seu carácter irreverente e lúdico como intérprete enchoupa outros proxectos teatrais e audiovisuais persoais xunto a creadores como Marta Pazo, o CDG, Miguel Canalejo. Mantén tamén unha vía de exploración entre a música e o teatro xunto a Ailén Kendelman, da que xurde o conxunto Áureas. Na súa traxectoria recibe moitos premios de ámbito autonómico ou estatais tanto como actriz, dramaturga ou directora.
Creación local da artesá carballesa María Crúa
Neste 2025, como un mostra máis da aposta do FIOT pola raíz, pola converxencia entre diferentes artes e o compromiso co talento emerxente e local e manifestacións propias como a olería, a Asociación Cultural Telón e Aparte encargoulle o deseño do novo premio da Xograresa de Outono e do Premio do Público á artesá carballesa María Barca, formada en Belas Artes e impulsora do espazo Crúa en Carballo.
María Barca é unha creadora comprometida coa produción artesá e a cerámica, entre outras disciplinas artísticas como a fotografía, que busca a posta en valor da nosa raíz, o traballo manual e a tradición baixo un prisma contemporáneo.
Xograresas e Xograres de Outono
2002 Roberto Vidal Bolaño
2004 Artur Trillo
2005 Celso Parada
2006 Víctor Mosqueira
2007 Quico Cadaval
2008 Dorotea Bárcena
2009 Cándido Pazó
2010 Paula Carballeira
2011 Marcelino De Santiago “Kukas”
2012 Alberto Gende
2013 Xosé Manuel Oliveira “Pico”
2014 Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”
2015 Susana Dans
2016 Miguel De Lira
2017 Mónica Camaño
2018 Manuel Lourenzo
2019 Patricia De Lorenzo
2020 Carlos Alonso
2021 Xasilda Alfaro
2022 Evaristo Calvo
2023 Ana Romaní
2024 Avelino González