Data
Do 24 de setembro ao 12 de novembro 2025
Espazo
Pazo da Cultura (Andar -1)
Data
Do 24 de setembro ao 12 de novembro 2025
Espazo
Pazo da Cultura (Andar -1)
Sobre a actividade
O FIOT propúxolle a Noelia Paz realizar unha instalación artística pensada para o Pazo da Cultura tomando como inspiración o lema raíz do FIOT 34 e a imaxe desta edición, da que é autora a deseñadora gráfica Patricia Portela.
En Xesto, a raíz convértese en arquitectura efémera, tecida con cartón e fibras. A obra conecta a memoria colectiva coa expresión individual: o movemento das raíces impulsa o xesto propio de cada persoa no mundo.
Proponnos unha porta simbólica de entrada ao FIOT: dúas mans conforman un arco baixo o que atravesa o público. Tras ese limiar, un entramado cenital de volumes de cartón refire ao micelio como metáfora da raíz compartida, da transmisión e interconexión. A peza constrúe unha paisaxe que dialoga co facer escénico e coa experiencia escenográfica do público.
Coa actuación do grupo carballés Quercus Blues, presentando o seu disco Cara a cara.
Sobre Noelia Paz
Noelia Paz, é unha artista formada en Belas Artes que está realizando un doutoramento sobre arte e paisaxe. A súa práctica desenvólvese na intersección entre a escultura e a instalación contextual, explorando o arame, o cartón e as fibras para crear volumes que dialogan co espazo. As súas intervencións buscan activar a percepción do lugar e cuestionar o transitable dos corpos, xerando pezas translúcidas e tramas a través do entretecido de materiais. Entende a práctica escultórica como ferramenta de encontro, aprendizaxe e diálogo.