Sobre a actividade

Mostra das reportaxes realizadas dos espectáculos do FIOT 2022 dentro do Proxecto fotográfico Zoom FIOT, no que 8 fotógrafos tomaron instantáneas da cara oculta do festival.

Os fotógrafos participantes nesta exposición son: Alberte Sánchez, Santi Garrido, Manuel Ramilo, María Pereira, Antonio Fernández, Esther Chamoso, César Rama e Markus de Castriz.

O xoves 19 de outubro, ás 20.30h, no Pazo da Cultura (andar 0), realizarase unha foto cos participantes da exposición Zoom FIOT 2022, coa presenza da concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, e o director do FIOT, Alberto Sueiro.

Datas: Do 6 de outubro ao 12 de novembro
Lugar: Andar 0 do Pazo da Cultura