Día
Sábado 11 de outubro 2025

Hora
12.00 h

Espazo
Pazo da Cultura (Salón Social)

Inscrición
Acceso libre

Introducímonos xa na próxima edición do festival convidando a unha das compañías referentes do FIOT e do teatro contemporáneo en España, Titzina Teatro, a presentar o traballo en proceso do que será o seu próximo espectáculo, para compartir un anticipo da súa creación co público do festival, bo coñecedor das súas obras.

Titzina son Diego Lorca e Pako Merino. Estes dous creadores marcan os sinais de identidade do proxecto Titzina, un traballo de xornalismo antropolóxico de entrevistas e convivencias, investigando, adentrándose na vida doutras persoas e abordando realidades moitas veces descoñecidas para transportar á escena o máis destacable do ser humano.

Un luxo compartir esta experiencia exclusiva e participar na creación dun espectáculo que estará no FIOT 35!