Día
Venres 3 e Sábado 4 de outubro 2025

Hora
21.00 e 20.00h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
75 minutos

Público
Todos os públicos

Combinando o xeito de regueifar, a retranca e a música cos códigos do teatro de proximidade, tres recoñecidos regueifeiros e músicos traen á escena unha forma moi nosa de humor e crítica social, achegando ao público de hoxe a historia, o oficio, e o mundo desta ancestral expresión cultural.

Carballo e Bergantiños son recoñecidas pola riqueza do seu patrimonio cultural inmaterial e, en particular, do oral, que forma parte da nosa identidade. En Carballo, a regueifa mantense viva cos regueifeiros tradicionais e con proxectos de revitalización. O FIOT non pode ser alleo a explorar este Territorio Regueifa, unha inédita e ambiciosa proposta escénica que pon en valor este xénero artístico que consiste en manter unha disputa dialéctica improvisada en verso entre varios participantes e que está en consonancia co lema desta edición do FIOT, a raíz como orixe da identidade propia e colectiva.

Improvisación, humor, música, teatro e a “chispa” e espíritu festivo propio da regueifa configuran un espectáculo total! O divertimento está, sen dúbida, asegurado.

A responsable do proxecto é Ainé, a produtora dirixida por Xosé Antonio Touriñán cunha década de experiencia na creación de espectáculos de artes escénicas pensando no público e comprometidos coa lingua e a cultura de Galicia.

Estade atentos a outras actividades complementarias que acompañarán este proxecto!

Interpretación: Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira

Deseño de iluminación: Gonzalo Porteiro

Escenografía: Carlos Alonso

Autoría e dirección: José L. Prieto

Coproducción FIOT