Día
Venres 8 outubro 2021

Hora
22.30 h

Espazo
Mercado Municipal

Entrada
10 €

Duración
75 minutos

Idade
+12

Sobre o espectáculo

Que Xosé Touriñán é un dos mellores cómicos de Galicia e un dos rostros máis coñecidos do panorama actual, tras máis dunha década fronte ás cámaras, decenas de personaxes interpretados e varias incursións na pequena pantalla, sabémolo. Pero o realmente importante para el agora é saber de onde vén e así coñecerse mellor a si mesmo. As respostas non son sinxelas pero, se tiramos do fío, non tardamos en decatarnos de que somos froito de moitas variables xenéticas e ambientais que nos fan tomar decisións. Mais tamén estamos condicionados pola casualidade e o azar, que inflúe na nosa existencia tanto ou máis que a nosa propia vontade.

E nesas anda co seu novo espectáculo Aquí Tou, un percorrido polos momentos clave da súa vida nun intento por saber como chegou a ser o que é e como logrou estar onde está. Preguntas, como as que nos facemos o resto dos mortais algunha vez na vida, cuxas respostas non son nada sinxelas.

Un monólogo cómico e existencial no que irá mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega nunha viaxe polos momentos, decisións e feitos casuais que o levaron a ser quen hoxe é. Tiramos do fío?

Ficha

Creación e interpretación: Xosé A. Touriñán