Día
Domingo 25 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Duración
75 minutos
Público
Adulto (+16 anos)
Entradas
5 €
Día
Domingo 25 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Duración
75 minutos
Público
Adulto (+16 anos)
Entradas
5 €
Sobre o espectáculo
Pili só quería bailar. Pero hai vidas ás que o sistema parece empeñado en pecharlles todas as portas. A partir da premiada novela de Greta García, convértese nunha traxicomedia sevillana punk. Un monólogo de enorme forza no que humor, palabra e danza se mesturan para dar voz a unha muller que, desde a súa cela, reconstrúe o camiño que a levou ata alí.
Con retranca, rabia e unha fonda humanidade, Solo quería bailar transforma a historia dunha bailarina nun acto kamikaze de amor; nun retrato da precariedade, da burocracia, das estruturas que exclúen e da necesidade de sentirse querida. Unha proposta intensa e irreverente que reivindica o dereito a ocupar un lugar no mundo, mesmo cando todo parece impedilo.
Alberto Velasco, un dos referentes da escena contemporánea, dirixe esta proposta vibrante interpretada pola poderosa Olalla Hernández, na que a arte e sono frustado pero tamén motor de resistencia.
”Como acaba unha bailarina cumprindo trinta anos de cárcere por un acto terrorista?
Ficha
Interpretación: Olalla Hernández
Coreografía: Alberto Velasco
Vestiario: Noelia Lebrato
Espazo sonoro: Carlos Gorbe
Deseño iluminación: Manuel Tejera y Alberto Velasco
Autoría: Greta García
Dramaturxia e adaptación: Sergio Martínez Vila
Dirección e escenografía: Alberto Velasco