Día
Domingo 18 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
80 minutos
Público
Adulto (+12 anos)
Entrada
5 €
Día
Domingo 18 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
80 minutos
Público
Adulto (+12 anos)
Entrada
5 €
Sobre o espectáculo
A pel humana está feita de poros e engurras; de recordos, praceres e cicatrices. No escenario, seis persoas —tres novas e tres maiores— enchen doce metros cadrados de pel para explorar os misterios do corpo. Comparten sen complexos as súas historias, o seu humor e a súa sexualidade. Que é o desexo? Como cambia o pracer e a identidade co paso das décadas?
Unha proposta poética, de autoficción e documental sobre as luces e sombras de como amamos e habitamos os nosos propios corpos. Invita a escoitar, compartir e descubrir que, por riba das diferenzas, hai preguntas, medos e desexos que atravesan todas as idades.
O espectáculo é froito do proxecto de mediación e creación interxeracional sobre sexualidade Morderse la lengua dirixido a persoas de diferentes idades e ao que se incorporará un grupo de persoas mozas e maiores de Carballo, a través dun obradoiro coa compañía nos días previos á función, convertendo esta representación nunha experiencia viva e irrepetible.
La Rueda Teatro Social entende o teatro como unha ferramenta de transformación social e de participación cidadá. A compañía leva máis de quince anos desenvolvendo proxectos que combinan creación escénica e intervención comunitaria.
”A pel pódese acariciar, morder e tamén ler, coma un álbum de fotos que conserva un pasado cheo de triunfos e derrotas, desexos e resistencias.
Ficha
Interpretación: Antonella Pinto, Pepe Blanes, Ana Martín, Antonio Martín, Noah López, Vanessa Abade e a colaboración dos participantes do obradoiro Morderse la lengua
Asesoría de movemento: Jorge Silvestre
Escenografía, vestiario: Vanessa Actif
Espazo sonoro: Pilar Onares
Deseño iluminación: Carlos Marcos
Dirección técnica: Jorge Silvestre
Creación: colectiva
Dramaturxia e dirección: Fernando Gallego e Laura Presa
Proxecto financiado polas Axudas a proxectos culturais con especial impacto social 2025” do Ministerio de Cultura. Colaboran: Departamento de Pedagoxía da Universidade de Valladolid, Sexología Kairós S.COOP e Creo Común Facilitando el Cambio.