Día
Domingo 29 de setembro 2024

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
70 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Imaxinas como é a rutina dun pai rodeado de catro mulleres? Como sobrevivir cun só baño, un único coche, viaxes familiares… Todo o sinxelo, vólvese complicado, pero ao final, con humor, a familia é o máis importante.

O humorista gaditano Miki Dkai presenta por primeira vez en Galicia o seu novo show , unha comedia fresca e divertida coa que nos abre as portas da súa casa, do seu día a día coa súa muller (“la Pilar”) e coas nenas… para que pasemos un rato divertidísimo. Estades preparados?

Desde os seus comezos no mundo da comedia no ano 2010, foron moitos os programas de televisión nos que participou e miles os aplausos que recolleu nos teatros. Na actualidade, tamén  está de xira por todo o país con Las Noches del Club de la Comedia.

Ficha

Interpretación, autoría e dirección: Miki Dkai