Día
Sábado 28 de setembro 2024
Hora
23.00 h
Espazo
A Estación
Entrada
5 €
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Taberneira de nacemento e sociosanitaria de formación. Ela é Leti da Taberna, unha cómica dos pés á cabeza que este ano debuta na Rúa dos Contos co seu primeiro monólogo, Enredada, e arrincarnos moitas risas (e algunha reflexión) sobre esa relación tóxica que temos coas redes sociais e como dominan as nosas vidas.
Desde o 2020, Leticia Miraz é creadora de contidos dixitais para Tiktok. A raíz do “encerro” que vivimos na pandemia, decidiu converter esta plataforma nunha “taberna virtual” e, tirando de retranca, facer crítica social e desmitificar en galego e con perspectiva feminista. Agora, con máis de 47 mil seguidores, compaxina o mundo dixital co analóxico en programas da TVG. como opinadora no programa de televisión “Malicia Noticias” e monologuista no “Luar”. Ademais, no último Carballo Interplay foi nomeada unha das “Masters da Internet Galega”.