Sobre a actividade

Por outra parte, o FIOT segue potenciando as relacións cos distintos colectivos do mundo teatral acollendo diversas actividades ao longo do Festival, como as Xornadas Profesionais Escena Galega 2023 da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas ou o work in progress do espectáculo da madrileña Clara Pampyn, froito da residencia artística realizada no Pazo da Cultura o pasado mes de xullo, a través da colaboración co programa Residencias Paraíso impulsado polo colectivo RPM.

Outra frutífera relación e a que mantemos co programa Camiño Escena Norte, que integra ás asociacións das compañías de artes escénicas da ruta histórica dos Camiños de Santiago (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra) para fomentar a colaboración e a programación entre estas Comunidades. A través do itinerario Constelacións, realizamos a programación conxunta dun espectáculo dunha comunidade desta ruta: Sexpiertos, de Tantakka Teatroa, do País Vasco, abrindo un novo Vieiro territorial que nos proxecta conxuntamente.