Outra frutífera relación é a que mantemos co programa Camiño Escena Norte, unha iniciativa liderada por Escena Galega que integra ás asociacións das compañías de artes escénicas situadas na ruta histórica dos Camiños de Santiago (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra). Esta colaboración non só enriquece a nosa programación, senón que tamén abre un novo vieiro territorial, proxectando o festival máis aló das nosas fronteiras e reforzando o noso compromiso coa diversidade cultural e a conexión entre territorios.

A través do itinerario Constelacións, participamos na programación conxunta dun espectáculo dunha destas comunidades. Nesta edición, recibimos no FIOT a obra Pausa, da Compañía NiMú, procedente do País Vasco.