Día
Sábado 28 de setembro 2024

Hora
21.00 h

Espazo
Casino 1889

Entrada
5 €

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Por un lado “non sei”, e  por outro, “que querédes que vos diga”. Ser riquiña está no seu ADN por xenética. E a retranca, por supervivencia. Ou quizais sexa ao revés. O feito é que este espectáculo non pretende molestar a ninguén. Ou si. Depende. Porque todos levamos un hater dentro. E a protagonista deste espectáculo, como é riquiña, se lle aparece, o único que pode facer é… abrazalo. Non?

A actriz, cantante e xornalista Jazmín Abuínvisitará por primeira vez as Noites de Rúa Chea decidida a contar verdades disfrazadas de mentiras, apostando pola ironía e a retranca para  que nos miremos ao espello desde a parodia.

A cabalo entre Madrid e Galicia, esta cómica de “El club de la comedia” participa tamén en  programas de humor da TVG, compaxinando a súa faceta de monologuista coas rodaxes como actriz ou  profesora de técnica vocal.