Día
Sábado 28 de outubro 2023
Hora
23.00 h
Espazo
Mercado Municipal
Entrada
10 €
Duración
90 minutos
Idade
Todas as idades
Sobre o espectáculo
Acrobacias imposibles, humor e risco, moito risco son os principais ingredientes deste peza de Wilbur que aterrará por primeira vez en Galicia. O espectáculo impactará (literalmente) no público, creando situacións imposibles que nos deixarán pasmados.
Xunto aos seus inseparables amigos Contractura, Tirón e Desgarro e grazas a unha técnica e un físico fóra do común, este ex-ximnasta será quen de amosar que a acrobacia é máis que un deporte.
Tras 16 anos como ximnasta de alta competición, Víctor Ortiz abandonou a súa carreira deportiva e descubriu a súa paixón polo humor e o clown, como acróbata no Circo do Sol. Comezaría despois unha exitosa carreira coa súa compañía que o levou por diferentes países e a actuar en películas de Santiago Segura ou Álex de la Iglesia ou programas de televisión como o Grand Prix. É un fenómeno viral nas redes sociais cunha enorme comunidade dixital.
”Brutalmente tenro.
Ficha
Interpretación e guión: Víctor Ortiz (Wilbur)