Día
Sábado 21 de outubro 2023

Hora
23.00 h

Espazo
Mercado Municipal

Entrada
10 €

Duración
70 minutos

Idade
A partir de 14 anos

Sobre o espectáculo

La Mona (Lisa) e La Maja (vestida), dous lenzos únicos e irrepetibles. Dúas actrices únicas e irredutibles. Cada quen máis maja, cada quen máis mona, encarnan ás dúas mulleres pintadas, pero non teñen moi claro quen representa a quen. Isto deriva nun cara a cara para ver quen é máis mona e quen máis maja. Ou viceversa.

A amizade, a hipocrisía, a imaxe estética ou o feminismo son algúns dos temas que aflorarán nesta comedia áxil e de humor garantido.

A partir de textos de Yolanda García Serrano, autora dalgunhas das comedias máis coñecidas do cine español, dúas populares actrices, tamén mestras do humor,  desencadean unha catarse colectiva na que desde a risa reflexionaremos sobre a condición da muller na sociedade actual.

Vaia cadro!

Ficha

Intérpretes: Maribel Salas e Susana Soleto
Dirección: J.C. Gurrutxaga