Día
Xoves 8 de outubro 2026

Hora
11.00 h

Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)

Duración
55 minutos

Público
Función escolar

Nun mundo feito de libros, alguén ordena sen descanso ringleiras perfectas. Un volume, outro, outro máis… Ata que un día, un libro cae e con el derrúbase a orde. Oh!

Comeza así unha viaxe inesperada cunha libraría que nos leva a diferentes universos onde deterse, respirar e recuperar o pracer de mirar sen présa. Un barco varado, unha balea que perdeu a conta de canto leva alí…

Entre risas e sorpresas, a música en directo, o circo, a danza, ou o clown  abren as portas a un universo poético que se transforma, como un soño, en todo o que poidas imaxinar.

O pallaso, bufón e improvisador Dani Blanco fundou Assircópatas hai case 20 anos, xirando por máis dunha ducia de países, entre equilibrios e malabares, combinando o circo co seu peculiar humor absurdo, intelixente e libre.

Ao remate da función haberá un encontro coa compañía.

Sen ataduras, sen presa. Ás veces, basta con un pequeno xesto para que todo cambie.

Actor: Dani Blanco

Músicas en escena: Nerea Carpente e Alicia Root

Dirección: Paula Quintas

Axudante de dirección: Arturo Cobas

Escenografía: Salva Neira

Luces: Alfonso Medina

Vestiario: María Dobronich e Alicia Root

Alumnado de Bacharelato e Ciclos Superiores de FP.