Día
Mércores 14 de outubro 2026
Hora
11.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Duración
75 minutos
Público
Función escolar
Día
Mércores 14 de outubro 2026
Hora
11.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Duración
75 minutos
Público
Función escolar
Sobre o espectáculo
Martí ten vinte anos e desde hai un ano iniciou a súa transición e comezou a tomar testosterona para modificar o seu corpo. A súa vida dá un xiro inesperado cando descobre que está embarazada. Mentres toma unha decisión, reflexiona sobre o seu corpo, a súa transición e os códigos de xénero establecidos.
Caballito de mar o el pez invisible vai máis aló do embarazo adolescente non desexado e da visibilidade das identidades non cisheteronormativas. É tamén unha celebración dos corpos. De todos os corpos.
Este multipremiado e profundamente humano monólogo cunha interpretación maxistral a cargo de Marc Torres é un espectáculo delicado e conmovedor, unha viaxe persoal na que o íntimo se converte tamén nunha reflexión sobre a diversidade, os afectos e a liberdade de ser.
Flyhard é unha produtora con sala propia en Barcelona que produce obras a partir de dramaturgos cataláns contemporáneos.
Ao remate da función haberá un encontro coa compañía.
”Mirar máis alá dos prexuízos historias que tamén forman parte do noso presente.
Ficha
Interpretación: Marc Torres
Vestiario: Pau Nieto
Locución: Sergi Boira
Vídeo de escena: Laura Bonnín
Espazo escénico e deseño de iluminación: Joan Fullana
Espazo sonoro: Pere Joan Company
Autoría: Pau Coya
Dirección: Rebeca del Fresno
Alumnado de Bacharelato e Ciclos Superiores de FP.