Día
Venres 30 de outubro 2026
Hora
21:00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
80 minutos
Público
Adulto (+16 anos)
Día
Venres 30 de outubro 2026
Hora
21:00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
80 minutos
Público
Adulto (+16 anos)
Sobre o espectáculo
Nesta obra, hai un mago e o seu axudante que empregan todos os métodos ridiculamente inimaxinables para cobrar a pensión dunha nai falecida. Un agricultor que manipula a súa memoria para cobrar unha indemnización millonaria. Un defraudador encantador con mil identidades que saquea ao seu contorno máis próximo. É unha farsa en tres actos sobre a cambiante natureza da verdade.
A prestixiosa compañía Titzina inicia no FIOT a xira do seu último espectáculo, que na edición 34 do festival tivemos o privilexio de coñecer nunha lectura dramatizada a cargo de Diego Lorca e Pako Merino.
Fieis ao seu inconfundible estilo, mergúllanse na realidade a través dun exhaustivo proceso de investigación para acompañarnos nunha viaxe poética e irónica ao máis profundo do ser humano, neste caso, cuestionando os límites entre a memoria, a identidade, a mentira e a verdade.
Realidade e ficción confúndense neste xogo escénico compartido co público que deixa máis preguntas que respostas.
”Cales son os límites entre a verdade, a memoria, a identidade e a mentira?
Ficha
Creación, dirección e interpretación: Diego Lorca e Pako Merino
Vestiario: Sergi Cerdán
Escenografía: Luis Crespo
Deseño iluminación: Jordi Thomàs
Música e espazo sonoro: Arnau Obiols
Dramaturxia: Diego Lorca