Día
Venres 29 de setembro 2023

Hora
19.30 h

Espazo
Praza do Concello

Duración
50 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil e xorden os conflitos. Que pasa cando as cousas se torcen?

Teatro xestual, música, acrobacias aéreas, danza e swing en clave de clown son os ingredientes principais deste espectáculo que aborda as relacións humanas e nos propón tirar de creatividade para resolver os momentos de máxima tensión.

Din que o roce fai o cariño...

Ficha

Intérpretación: Sue Moreno, María Move e Mark Torrecillas
Música: Raúl Grillo e María Move
Dirección: Gonçalo Guerreiro