Día
Venres 27 de outubro
Sábado 28 de outubro

Hora
19.00 h

Espazo
Praza do Concello

Entrada
5 € público xeral
2 € menores de 20 anos

Gratuíta para abonados (recoller convite no Pazo da Cultura de 18 a 19h)

Duración
55 minutos

Idade
A partir de 10 anos

Sobre o espectáculo

Atréveste a mergullarte nunha viaxe emocional que transita por unha atmosfera fantástica? Iso é Duelo, unha proposta cargada de humor negro sobre a perda e a aceptación da vida.  A fantasía circense en diálogo cos límites humanos e a fugacidade da vida, para reconciliarse con ela.

Baixo a lona da Carpa Domo preséntase, por primeira vez en Galicia, o novo traballo de  Kikolas, unha proposta de circo contemporáneo e teatro físico e xestual, de poéticas imaxes, que emprega algunhas técnicas do circo clásico como o lanzamento de coitelos, o trapecio Washington ou a linguaxe do pallaso.

Un espectáculo redondo, co público en 360º, no que as miradas se atopan con outras miradas, onde a enerxía se concentra no centro dese universo poético onde compartir o risco de vivir.

Quique Méndez (Kikolas) é pallaso, artista de circo e creador escénico. Recibiu o seu primeiro curso de clown da man de Leo Bassi e, desde entón, non deixou de formarse tanto nas artes escénicas como nas diferentes disciplinas circenses. No FIOT, coñecemos a súa poética linguaxe co seu anterior espectáculo, Calor.

Unha sinfonía de risco

Ficha

Intérpretes: Quique Méndez e Fran de Benito
Vestiario: Fran de Benito


Atrezzo: Daniel Blasco e A Cuero Lento
Escenografía e iluminación: Jairo Fuentes


Dirección e dramaturxia: Alex Britos