Día
Venres 25 de setembro 2026

Hora
19.30 h

Espazo
Praza do Concello (En caso de choiva trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)

Duración
50 minutos

Público
Todos os públicos

Ás veces hai que saltar para descubrir ata onde somos capaces de chegar. Nesta historia non se camiña: saltas, voas e confías.

Fins al Cel constrúe unha viaxe entre a realidade e a fantasía na que o circo contemporáneo se converte nunha metáfora dos camiños que percorremos ao longo da vida, dos encontros que nos transforman e da confianza que depositamos nas demais persoas.

Con sete artistas en escena e música en directo, Spinish Circo combina barra rusa, banquinas, portés colectivos e impresionantes acrobacias nun espectáculo de gran formato e forza visual que fai da cooperación e do risco compartido o seu principal motor.

A compañía valenciana aposta pola fusión entre circo, teatro e música para crear linguaxes escénicas innovadoras, consolidándose como un dos proxectos emerxentes máis destacados do circo contemporáneo. Unha proposta poética e emocionante que convida a mirar cara arriba… e tamén cara a dentro.

”Viaxa só o que sabe irse, pero poderá a nosa viaxe levarnos ao ceo?

Intérpretes: Cira Cabases, Naikel Blázquez, Víctor Segarra, Edu Martínez, Cristóbal Sandoval, Elena Ayala e Gilberto Aubán

Vestiario: Flor Dince e José María Adame

Escenografía: Reyes del Mambo

Dirección musical e música: Gilberto Aubán, Gilbertástico

Coreografía: Roseta Plasencia

Dirección: Pau Portabella

En colaboración coa Noite Europa das Investigadoras e Investigadores