Día
Venres 2 de outubro 2026

Hora
18.00 h

Espazo
Praza da Cruz Vermella (En caso de choiva informarase de nova ubicación)

Duración
50 minutos

Público
Todos os públicos

Unha diva que se achega aos 50, un corpo que manifesta o paso do tempo e unha pregunta flotando no aire… Canto tempo máis pode ser trapecista?

A artista aérea, actriz e creadora do espectáculo acudirá ao máis alto, desde os aéreos de circo, aos equilibrios máis delicados, á danza, ao ímpeto dunha batería ou á forza do flamenco para falar de cambios, de transformación, de envellecemento… Circo, música, baile, amor e humor.

Sue Moreno leva máis de dúas décadas explorando a fusión das artes escénicas e fai da súa propia experiencia o punto de partida dunha proposta tan íntima como universal que reivindica a madurez.

”Nunca é tarde para desafiar a gravidade.

Creación e interpretación: Sue Moreno

Vestiario e escenografía: Sue Moreno

Música orixinal: Manuel Fonte

Dirección: Gonçalo Guerreiro