Sábado 5 de outubro, ás 13.00h
Mulleres que viven soas #MQVS e narración oral

Sobre a actividade

Conversa ao redor da estrea absoluta do novo espectáculo da compañía Berrobambán e Paula Carballeira ‘Mulleres que viven soas #MQVS’. A sesión apostará, tamén, por facer una posta en valor da narración oral, da man dalgunhas e dalgúns nos narradores orais máis significativos da escena galega, co gallo das vodas de prata da Rúa dos Contos do FIOT neste 2024, tras 25 anos de traxectoria.

Sobre Dani Galindo

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Málaga e Máster de Periodismo Radiofónico pola Universidad Complutense e Radio Nacional de España. Comeza elaborando contidos editoriais de lecer e cultura en medios dixitais como LaNetro.com, Canal 21 ou eDreams.

Vinculado desde 2001 á radio pública, traballa en programas como “Mundo solidario”, “De película” e “El ojo crítico”, así como en informativos desde a Área de Cultura, colaborando con espazos de RNE, TVE e RTVE.es.

Puxo en marcha espazos de cine e artes escénicas, como “Contando historias”, en Radio Exterior, ou “Tendencias” e “En escena”, en Radio 5 Todo Noticias. Desde 2012 dirixe e presenta “La sala”, durante dúas tempadas en Radio 3 e desde setemebro de 2014 en Radio Nacional, Radio 5 e Radio Exterior.

Sobre Raúl Losánez

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, Raúl está vinculado profesionalmente aol mundo do xornalismo escrito e radiofónico, onde desempeñou labores de redactor, realizador, creativo e guionista. Adaptou obras literarias para este medio e é autor dalgunhas premiadas pezas orixinais de teatro radiofónico.

Foi responsable dos programas literarios ‘El Rincón de Amarilis’ e ‘La Montaña Mágica’, así como do programa de teatro ‘Butaca de Platea’, todos eles emitidos en Radio Intereconomía. Participou, ademais, como profesor de radio en distintas escolas e universidades. Foi crítico teatral e literario de La Gaceta e, na actualizada, é o crítico teatral de La Razón, ademais de ser colaborador en RNE e Fundación SGAE.

Como dramaturgo, presentou no Festival de Almagro ‘Me trataste con olvido (Clásicas en rebeldía)’ e, no Teatro Fernán Gómez de Madrid, ‘Vano fantasma de niebla y luz’.

Participan: Paula Carballeira, María da Pontragha, Vero Rilo, Avelino González e Cándido Pazó
Moderan: Dani Galindo e Raúl Losánez