Día
Xoves 16 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Día
Xoves 16 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Sobre a actividade
Presentación da publicación da obra dramática Apaga o Candil, escrita por Cándido Pazo e editada por Galaxia nun volume conxunto con O proceso, do mesmo autor. A escrita foi un encargo do Concello de Carballo e do FIOT, que produciron coa compañía Contraproducións o espectáculo do mesmo nome na 32 edición do festival. Apaga o candil pon en valor e homenaxea ao pioneiro narrador, cómico e humorista veciño de Carballo Carlos Díaz ‘O Xestal’ achegándonos ás circunstancias complexas da súa vida e da súa obra e foi creado con motivo do 30 aniversario do seu pasamento e estreado no FIOT no ano 2023.
A presentación será a cargo do escritor Xurxo Souto e de Alberto Sueiro, director do FIOT, ademais do propio autor da obra.