Día
Venres 10 de outubro 2025

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
12 €

Duración
80 minutos

Público
A partir de 12 anos

Son unha sociedade secreta de persoas extremadamente divertidas e aburridas, apáticas e pasionais, medorentas e arriscadas, directas e enigmáticas. Lúcidas. Abertas a miles de posibilidades. Por uns instantes, quereriamos pertencer a esta sociedade para revivir todo o pracer e a dor do proceso de transformación máis brutal na vida dunha persoa.

Tres adultos intentan entender a adolescencia desde a madurez. A través de divertidas situacións de convivencia confrontaremos a súa mentalidade coa dos adultos, buscando o encontro e rompendo estereotipos. Que lembramos dese período tan cheo de vida e destrución? Que recuperariamos daqueles anos e que desexariamos borrar?

A través do humor, da ironía e da tenrura, música en directo e moita hormona adolescente, enerxía de festa, berros e choros, Pont Flotant pon o foco neste proceso vital cheo de luces e sombras.

Como é característico da compañía que ten unha traxectoria de 25 anos, esta é unha creación colectiva froito dun longo proceso de investigación no que inclúen o seu entorno social e no que mesturan realidade e ficción, diferentes linguaxes e sobre todo unha relación íntima co espectador. Seguro que nos conquista igual que a súa anterior obra, a premiada Eclipse total, pola que recibiron, entre outros, o Max á Mellor autoría teatral, ademais do Premio do público do FIOT.

Canta distancia hai entre aquel ou aquela adolescente e a persoa que es hoxe?

Interpretación: Joana Alfonso, Yolanda García, Jesús Muñoz e Javi Vega

Espazo escénico, deseño de figuras e vestiario: Joan Collado

Iluminación: Marc Gonzalo (AII)

Espazo sonoro: Adolfo García

Composición musical: Adolfo García e Javi Vega

Asesoría artística: Fermín Jiménez

Texto, dramaturxia e dirección: Joan Collado, Jesús Muñoz e Pau Pons (Pont Flotant)

Premio Público 2022