Skip to main content

Este domingo, 10 de novembro, tivo lugar a gala final do XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido ‘Xosé Manuel Eirís’ onde os seis grupos finalistas volveron interpretar as súas pezas teatrais.

O acto estivo presentado por Bea Campos, quen tamén amenizou o evento cun espectáculo destinado a público familiar. O xurado valorou de novo as pezas finalistas e procedeu á entrega de premios, valorados en 850 euros. A continuación tivo lugar unha chocolatada para todos os escolares participantes.

Aquí che deixamos a lista de grupos gañadores.

1ª categoría (Infantil e Primaria)

1º premio (200 euros): Os Cristinatreiros, do CEIP A Cristina, coa obra ‘A mentireira historia da Carapucha Vermella’

2º premio (150 euros): Teatradas do CRA, do CRA Nosa Señora do Faro, coa obra ‘A abelliña que perdeu as ás’

Accésit (75 euros): Firucos, do CEIP Alfredo Brañas, coa obra ‘Ai, mamasiña que medo!’

2ª categoría (ESO e Bacharelato)

1º premio (200 euros): Cambio Blanco, do IES Monte Neme, coa obra ‘Presos – Finlandia’

2º premio (150 euros): Instalacións Eléctricas, do CPI As Revoltas, coa obra ‘Última hora’

Accésit (75 euros): Familia Carballeira, do IES Eduardo Pondal, coa obra ‘Nadal en galego’

O certame contou de novo coa colaboración de Radio Nordés Cadena Ser e coa achega económica da Libraría Brañas Verdes para os premios (libros e material didáctico). O FIOT quere agradecer a implicación dos centros educativos e do profesorado nesta iniciativa que ten como obxectivo promover o teatro entre os máis pequenos da casa e adolescentes.