O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo da a coñecer os espectáculos experimentais de pequeno formato seleccionados polo xurado como finalistas do Certame Micro-Escenas M2, que poderán verse este outubro na 33º edición do FIOT
Entre as 44 propostas recibidas, as 6 pezas seleccionadas son: Respira, de Sempre Arriba; Cronopios a escena, de Carmen Domech; Rebel Rebe, de Vórtice Escénico; Wasteland, de Vaiembora; Teño un caravel no peito, de Aviva-lo; e Panos de Vinaghre, de Artesa Cía.
O Certame Micro-Escenas M2 é unha iniciativa de teatro de proximidade, a primeira creada en Galicia, que busca visualizar novos formatos e experiencias escénicas, así como apoiar a compañías e creadores emerxentes
As propostas finalistas poderán verse en espazos non convencionais e singulares de Carballo durante as fines de semana do #FIOT33: un centro de psicoloxía, un espazo cultural, una tenda de roupa, a Fonte da Cristina, un estudo de deseño gráfico e o Mercado Municipal da localidade bergantiñá
Estas pezas finalistas do VIII Certame Micro-Escenas M2recibirán unha compensación económica de 450 euros, ademais de optar, durante a celebración do FIOT, aos galardóns de Mellor Espectáculo e Mellor Interpretación, recoñecementos que outorgará o público fioteiro finalizado o evento e que suporán outro premio de 150 euros en cada caso
A VIII edición do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT ten xa finalistas. O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo deu hoxe a coñecer os nomes dos espectáculos experimentais de pequeno formato que foron seleccionados polo seu xurado de profesionais das artes escénicas como finalistas do Certame Micro-Escenas M2, que poderán verse este outubro durante a celebración da 33º edición do FIOT.
Entre as 44 propostas recibidas, as 6 pezas seleccionadas (das cales, 4 serán estreas absolutas) son: Respira, de Sempre Arriba; Cronopios a escena, de Carmen Domech; Rebel Rebe, de Vórtice Escénico; Wasteland, de Vaiembora; Teño un caravel no peito, de Aviva-lo; e Panos de Vinaghre, de Artesa Cía.
O Certame Micro-Escenas M2 é unha iniciativa de teatro de proximidade, primeira creada en Galicia, que busca visualizar novos formatos e experiencias escénicas, así como apoiar a compañías e creadores emerxentes. As propostas finalistas neste 2024 poderán verse en espazos non convencionais e singulares de Carballo durante as fins de semana do #FIOT33: no gabinete Orixe Centro de Psicoloxía, no espazo cultural Espiral Maior Foro, na tenda de roupa Akira, na Fonte da Cristina, no estudo de deseño gráfico Ouvea Creatividade Gráfica e no Mercado Municipal.
Estas pezas finalistas do VIII Certame Micro-Escenas M2 recibirán unha compensación económica de 450 euros, ademais de optar, durante a celebración do FIOT, aos galardóns de Mellor Espectáculo e Mellor Interpretación, recoñecementos que outorgará o público fioteiro finalizado o evento e que suporán outro premio de 150 euros en cada caso.
CALENDARIO REPRESENTACIÓNS VIII CERTAME MICRO-ESCENAS M2 NO #FIOT33
Sábado 12 de outubro
Ás 12.00 h, 13.00 h, 18.00 h e 19.00 h
Respira, de Sempre Arriba
Lugar: Orixe Centro de Psicoloxía (Gran Vía, 52)
ESTREA ABSOLUTA
Cronopios a escena, de Carmen Domech
Lugar: Espazo cultural Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34)
Sábado 19 de outubro
Ás 12.00 h, 13.00 h, 18.00 h e 19.00 h
Rebel Rebe, de Vórtice Escénico
Lugar: Tenda de roupa Akira (Ponte, 6)
ESTREA ABSOLUTA
Teño un caravel no peito, de Aviva-lo
Lugar: Fonte da Cristina
ESTREA ABSOLUTA
Sábado 26 de outubro
Ás 12.00 h, 13.00 h, 18.00 h e 19.00 h
Wasteland, de Vaiembora
Lugar: Ouvea Creatividade Gráfica (Gran Vía, s/n)
ESTREA ABSOLUTA
Panos de Vinaghre, de Artesa Cía
Lugar: Mercado Municipal (Rúa Cervantes, s/n)
UN CERTAME PIONEIRO EN GALICIA
O Certame Micro-Escenas M2 unha das súas principais liñas de programación do FIOT, que ofrece ao público a posibilidade de gozar de creacións escénicas experimentais en espazos non teatrais e singulares da localidade. Trátase do primeiro certame de microteatro que se realiza en Galicia, nacido ao abeiro do FIOT a pasada década como unha proposta específica de apoio á creación escénica de novos formatos e de compañías ou creadoras e creadores emerxentes.
As e os artistas son quen de xerar, no marco dun gran festival, novas experiencias teatrais, de pequeno formato, en contextos non habituais para a representación escénica, que contextualizan e serven de escenografía natural da obra, nos que un número moi limitado de asistentes se sitúa a curta distancia dos intérpretes. Así, á vez que difunde e visualiza o traballo das creadoras, Metro Cadrado ofrece cada ano ao público da comarca unha nova experiencia escénica, diferente ás habituais nos recintos: sen barreiras, sen artificios e desde a proximidade, que posibilita a captación de novos públicos e a implica á veciñanza en proxectos escénicos.
O pasado mes de maio, o FIOT abriu a inscrición da oitava edición do certame, convidando ás compañías e artistas emerxentes a crear ou deseñar un espectáculo (de teatro físico, música, clown, performance, danza, manipulación de obxectos…) de entre 10 e 20 minutos, que se puidera poñer en escena, especificamente, nun espazo non teatral, entre o 5 e o 27 de outubro de 2024.As propostas podían ser tanto pezas orixinais coma xa estreadas, aínda que o xurado do certame (composto por diferentes persoas relacionadas coas artes escénicas) tería en conta a nova creación e, especialmente, a adecuación e a interacción cos espazos ofertados e a autoría propia. Ademais, atendendo ao interese do FIOT nos proxectos e experiencias teatrais singulares que fan un uso innovador de cultura dixital e a tecnoloxía, tamén tivéronse en conta aquelas obras que empreguen medios dixitais.
Este seis pezas finalistas seleccionadas polo xurado, unha vez representadas, recibirán unha compensación económica de 450€. Ademais, todas as obras exhibidas serán valoradas polo público asistente mediante un sistema de votacións e optarán a premios de 150€ á Mellor interpretación e ao Mellor Espectáculo.
288 PROPOSTAS EXPERIMENTAIS RECIBIDAS EN OITO ANOS
Ao longo de este oito anos, o Certame de Micro-Escenas M2 acadou un importante éxito en canto ás propostas recibidas, tanto polo seu número (288, sumando ás 44 pezas recibidas a concurso neste 2024) como pola calidade e diversidade das pezas; sendo quen de suscitar o interese tanto de creadores individuais coma de equipos (integrados por 3-5 persoas), da veciñanza ou mesmo dos axentes económicos, comerciais ou cidadáns de Carballo que colaboraron coa cesión de espazos. Na súa traxectoria, Metro Cadrado contou con funcións, entre outros puntos, nun lavadoiro municipal, no despacho do alcalde, nunha barbería, nas fiestras da Ludoteca Municipal ou mesmo no Salón de Plenos.