Día
Xoves 22 de outubro 2026
Hora
11.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
90 minutos
Público
Función escolar
Día
Xoves 22 de outubro 2026
Hora
11.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
90 minutos
Público
Función escolar
Sobre o espectáculo
Reis, xenerais, concubinas, espías, magnates, adestradores de fútbol, avogadas matrimoniais e outras xentes complicadas en singulares conflitos humanos conforman un retablo urxente dun mundo en colisión no que rexurde o belicismo, e protagonizan unha saborosa sátira da nosa época.
Se todo é unha guerra… mellor tomala con humor. Inspirándose no lendario tratado de Sun Zi, A arte da guerra transforma a sabedoría militar chinesa nesta farsa feroz e irreverente sobre un mundo atravesado polo poder, o engano e os conflitos de toda condición.
Volve a mítica compañía Mofa e Befa fiel ao seu particular «perralleirismo» e á súa capacidade para facer da ironía e da gargallada as súas mellores armas. Porque, se hai un inimigo ao que derrotar, téñeno claro: o aburrimento.
Ao remate da función haberá un encontro coa compañía.
”Un espectáculo rápido coma o vento, silencioso coma unha fraga, feroz coma o fogo e inmóbil coma unha montaña.
Ficha
Interpretación: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto
Espazo escénico: Marcelino de Santiago “Kukas”
Espazo lumínico: Octavio Mas
Dramaturxia: Carlos Santiago
Dirección: Carlos Santiago
Coproducción FIOT
Alumnado de Bacharelato e Ciclos Superiores de FP.