Día
Mércores 14 de outubro 2026

Hora
11.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Duración
75 minutos

Público
Función escolar

Martí ten vinte anos e desde hai un ano iniciou a súa transición e comezou a tomar testosterona para modificar o seu corpo. A súa vida dá un xiro inesperado cando descobre que está embarazada. Mentres toma unha decisión, reflexiona sobre o seu corpo, a súa transición e os códigos de xénero establecidos.

Caballito de mar o el pez invisible vai máis aló do embarazo adolescente non desexado e da visibilidade das identidades non cisheteronormativas. É tamén unha celebración dos corpos. De todos os corpos.

Este multipremiado e profundamente humano monólogo cunha interpretación maxistral a cargo de Marc Torres é un espectáculo delicado e conmovedor, unha viaxe persoal na que o íntimo se converte tamén nunha reflexión sobre a diversidade, os afectos e a liberdade de ser.

Flyhard é unha produtora con sala propia en Barcelona que produce obras a partir de dramaturgos cataláns contemporáneos.

Ao remate da función haberá un encontro coa compañía.

Mirar máis alá dos prexuízos historias que tamén forman parte do noso presente.

Interpretación: Marc Torres

Vestiario: Pau Nieto

Locución: Sergi Boira

Vídeo de escena: Laura Bonnín

Espazo escénico e deseño de iluminación: Joan Fullana

Espazo sonoro: Pere Joan Company

Autoría: Pau Coya

Dirección: Rebeca del Fresno

Alumnado de Bacharelato e Ciclos Superiores de FP.