Día
Venres 2 de outubro 2026

Hora
19.30 h

Espazo
Praza do Concello

Duración
50 minutos

Público
Todos os públicos

Nunha mesa xogamos, traballamos, discutimos ou deixamos pasar o tempo. Que ocorre cando todo empeza a descontrolarse? Desde este lugar cotián que transforman nun xogo disparatado, dous personaxes curiosos e apaixonados enfróntanse á realidade do bullying, da rivalidade, dos egos ou das guerras. O absurdo da vida cotiá transfórmase en risas mesturando fantasía con acrobacias, maxia, aéreos, obxectos, humor e moitas, moitísimas mesas.

Unha arriscada aventura con ritmo vertixinoso, complicidade e gargalladas para descubrir que é necesario parar un intre para respectarnos e entendernos.

Este recén estreado espectáculo é o quinto desta compañía galego-vasca recoñecida a nivel estatal e que combina técnicas circenses como o clown, os portés ou o slapstick co humor para todos os públicos. E, por suposto, cos aéreos, porque o que máis lles gusta é voar polos aires!

...este mundo está cada vez máis tolo...

Elenco: Ariñe Azkue e Óscar Páez

Vestiario: Estudio 14

Escenografía: José Luis Canete

Música: Unai Laso

Dirección: Aritza Rodríguez